O retorno do material. A construción dun contra-arquivo de clase no cinema documental contemporáneo en España
Resumo
O cinema documental contemporáneo en España amosou nos últimos anos un renovado interese pola clase traballadora, pero lonxe de repetir fórmulas expositivas, militantes ou conmemorativas, sitúase na cabeza da renovación dos cinemas do real, experimentando coa forma, recuperando materiais inhabituais, desenvolvendo unha incisiva reflexión sobre a imaxe e cuestionando os límites do cinema documental. Un dos trazos máis destacados é o traballo sobre o arquivo, reformulando o seu uso, configuración e ausencias, co obxectivo de reconstituír a experiencia material de clase e reflexionar sobre as súas omisións na cultura visual. Esta pesquisa céntrase en tres filmes que abordan con distintas estratexias a construción dun contra-arquivo de clase traballadora: El gran vuelo (Carolina Astudillo, 2015), El año del descubrimiento (Luis López Carrasco, 2020) e Anunciaron tormenta (Javier Fernández Vázquez, 2020).
Palavras-chave
Texto completo:
PDFDOI: 10.3895/rl.v26n48.19006
Apontamentos
- Não há apontamentos.
Direitos autorais 2024 CC Atribuição 4.0
Esta obra está licenciada sob uma licença Creative Commons Atribuição 4.0 Internacional.